Estes son os artigos que atopamos.
A flor de piel
Unha muller escoita chorar ao seu bebé. É un choro que cala os demais sons do mundo, que se converte en canción de fondo. Á nena saíronlle ronchas e ráspase ata facerse sangue. Non importan as cremas, os medicamentos, que lle aten as mans. A nai é nova e, con todo, nas noites que pasa sentada baixo a luz branca da cociña tentando que lle saian as contas, a súa idade adulta ten un peso insoportable. Un peso que só consegue aliviar bebendo. A nena medra e con ela as súas ronchas e os seus segredos. Pero «o segredo sempre brota, ensanguentado».
A flor de pel, a vertixinosa primeira novela da mexicana Nora Muñiz, aborda o vínculo nai-filla cunha mirada salvaxe e introdúcenos nun territorio asfixiante e escuro para falar das violencias que se exercen na crianza. Muñiz asina un debut feroz e terrorífico que nos fai reflexionar sobre os coidados e as posibilidades do amor, e é que, ¿en que medida pode unha nai, por moi leoa que sexa, aforrarlle dor á súa filla? ¿En que medida pode o vínculo cunha nai ser doado completamente?
«Nora Muñiz escribiu unha novela valente e conmovedora que nos mergulla na dúbida de canto de nós mesmas se agocha baixo a pel e como é que todo supura en contra da nosa vontade. Ás veces, para atoparnos, é necesario rompernos un pouco e deixar que a palabra comparta as feridas». ―Brenda Navarro«A flor de pel cala fondo. Nora Muñiz non ten piedade, prende a pel de todas e déixanos coa alma nun fío». ―Sylvia Aguilar Zéleny