Estes son os artigos que atopamos.
Adolescencias trans: Buscando un lugar en el mundo: 1035 (Mayor)
A adolescencia está no punto de mira. Cúestións como a pornografía, a violencia machista e as transicións de xénero avivan pánicos morais que alimentan o control e a exclusión. Este libro rompe con esa lóxica para ofrecer unha mirada feminista que pon a empatía e a ternura no acompañamento. Cun enfoque crítico, a súa autora convida a repensar o xénero como unha experiencia compartida, explorando as conexións entre identidades diversas e apostando por unha política transformadora que transcenda a polarización. Unha obra imprescindible para imaxinar un futuro máis xusto e inclusivo. Noemi Parra é doutora en estudos de xénero, antropóloga e profesora de Traballo Social na Universidade de Las Palmas de Gran Canaria. Entre as súas publicacións destacan Historias de afectos. Acompañar la adolescencia trans* e, xunto ao sociólogo Miquel Missé, Adolescentes en transición. Pensar la experiencia de género en tiempos de incertidumbre.