Tras o fenómeno Frida, a biografía do camaleón da música, ilustrada por María Hesse. Non mostro lealdade a ningún estilo. Simplemente escollerei aquel que me permita transmitir o que quero nese momento. David Bowie é moito máis que un cantante que vendeu cento trinta e seis millóns de discos, moito máis que un artista que experimentou con multitude de estilos e definiu a cultura pop. Como dixo o seu biógrafo David Buckley, «cambiou máis vidas que ningunha outra figura pública». Co seu perturbador alter ego, Ziggy Stardust, e cancións como Starman ou Space Oddity, desafiou as regras da música e converteuse nun ícono da súa xeración e referente das xeracións presentes e futuras. A súa longa carreira artística está íntimamente ligada á súa biografía persoal. Este libro afonda en todos os aspectos da súa vida, nos seus enigmas e anécdotas. Como un xeroglífico, Bowie é un misterio que todos queremos desvelar, e ninguén mellor que María Hesse, a autora do fenómeno Frida, para acometer este desafío. Hoxe Bowie segue fascinando máis que nunca.