Prepárate para mergullarte a fondo na VIDA, as LETRAS e os LOOKS de Chappell Roan, a nosa princesa favorita do Medio Oeste estadounidense e un ícono queer.
De cando en vez, unha artista consegue romper as barreiras da industria musical e convértese nun fenómeno feminino da cultura pop. Coa súa poderosa voz, letras emotivas e unha presenza escénica hipnótica, Chappell Roan converteuse rapidamente nunha superestrela global admirada por millóns de persoas.
Neste libro, fermosamente deseñado e minuciosamente documentado, exploramos a viaxe de Chappell desde as súas orixes nun pequeno pobo ata converterse nunha sensación do pop internacional. Aprofundamos na súa vida temperá, as historias detrás das súas letras, as súas influencias musicais, os seus looks de moda máis icónicos e os momentos clave que deron forma á súa deslumbrante carreira.
O autor, Nick Levine, é un xornalista que entrevistou a Chappell en dúas ocasións para NME e está especializado en música, cultura e cuestións LGTBIQ+. Entrevistou a algúns dos nomes máis importantes do pop, como Britney Spears, Ariana Grande, Miley Cyrus, Lady Gaga e moitas outras artistas.
Con historias entre bastidores e fotografías incríbles dos seus momentos máis icónicos, este libro é unha celebración do deslumbrante mundo de Chappell, feito de drag, soños, autoexpresión sen medo e activismo inspirador. Este libro é un billete só de ida a The Pink Pony Club e un agasallo imprescindible para calquera fan.