Estes son os artigos que atopamos.
Chelsea Girls (Las afueras)
Por primeira vez en galego, a icónica novela autobiográfica de Eileen Myles, unha obra de culto da literatura queer estadounidense.
Chelsea Girls é unha novela autobiográfica de alta intensidade que narra as vivencias de mocidade de Eileen Myles na Nova York dos anos setenta e oitenta. Cunha prosa explosiva, irreverente e honesta, Myles describe a escena underground con toda a súa crudeza, as súas idas e voltas co alcohol e as drogas, a súa consagración á poesía e o seu desexo e amor profundo polas mulleres.
Con sentido do humor e frescura, alternando as lembranzas dunha adolescencia agridulce no seo dunha familia católica de clase traballadora, con noites sen durmir de festa, personaxes inesquecibles e escenas de sexo perturbadoras, Myles constrúe un retrato da formación dun personaxe que se nega a ser encasillado ou a plegarse a convención algunha.
Chelsea Girls foi publicada orixinalmente en 1994 e hoxe en día é un referente de liberdade e experimentación cuxa lectura atrapa de forma maxistral.