En plena madurez artística e persoal, Chenoa repasa a súa vida a través das páxinas dun libro sincero, onde revisa a súa traxectoria profesional e vital ata chegar ao presente, no que se sente plena e feliz. O libro contén testemuños reais, algúns verdadeiramente desgarradores, xunto con episodios desenfadados e anécdotas divertidas; ao longo dos seus capítulos desfilan amores, amigos, compañeiros de profesión, familiares... Chenoa preséntanos a Laura, desprovista do seu nome artístico e desa máscara do triunfo que, con frecuencia, oculta outras visións máis auténticas. Glamour, emoción, penas e alegrías danse a man nestas páxinas que nos achegan á personalidade dunha gran artista e dunha persoa extraordinaria.