Estes son os artigos que atopamos.
Devenir Perra
Nestas coordenadas móvese a autora de Devenir perra: sen patria nin Deus; con puños, lantejoulas e bastante mala baba.
A Itziar Ziga gústalle as boas de plumas, nalgúns casos disfraza-se de camionero, e noutras autodenómase perra. Este libro, escrito en primeira persoa desde a voz deslenguada e agreste dunha guerrilleira incombustible, dá fe dese instante de iluminación no que o activismo se reviste de loita divertida e desacomplexada, batalla campal de ideas, berros estridentes e anormais, reivindicación brutal do que queda ao marxe dunha sociedade que castra e condena. A liberdade e o entusiasmo de Ziga son rabiosamente contaxiosos, así como terribles e esclarecedores. Cando xa non importa ser home ou muller, cando esta distinción se converte en risoria, o fluxo de pensamento campa ás súas anchas e dinamita calquera discurso hegemónico e benpensante.