Estes son os artigos que atopamos.
Dior. Pasarela (MODA)
* Unha recopilación exhaustiva da lendaria casa Dior, que presenta máis de 180 coleccións a través de orixinais fotografías de pasarela. * Coas lendarias coleccións de Christian Dior e as dos seus sucesores Yves Saint Laurent, Marc Bohan, Gianfranco Ferré, John Galliano e Raf Simons, así como as primeiras coleccións de Maria Grazia Chiuri para a casa. * Representanse as coleccións de alta costura, así como as coleccións prêt-à-porter a partir de John Galliano. Este libro tan completo, cunha introdución e os perfís dos deseñadores realizados por Alexander Fury, ofrece unha oportunidade única para visualizar o desenvolvemento dunha das marcas de moda máis influentes e luxosas de todos os tempos e descubrir ao mesmo tempo algunhas das súas creacións raramente vistas. Con máis de 1100 fotografías, este tesouro de inspiración converterase nunha referencia obrigada para todos os profesionais da moda e os incondicionais de Dior.