Dos hijas para la Muerte – Plastic Books
Dos hijas para la Muerte – Plastic Books

Dos hijas para la Muerte

Prezo habitual €19,95 EUR
IVE incluído.
Última unidade
Páxinas
446 pp.
Idioma
Castelán
Editorial
LES Editorial
Ano
2024
ISBN
9788417829971
Dimensións
14.0 x 2.2 x 21.6 cm
Escrito por
Andrea Prieto

Titiana De Nero sempre soubo cal era o seu destino: converterse en gardia persoal da emperatriz Vita Rosa e protexela coa súa vida. Con todo, cando Vita abdica, quen ocupa o trono do Imperio é a súa xemelga Helda, apoiada polas Segundas Fillas, unha forza relixiosa que nunca debería ter tomado o poder.

Mentres o Imperio se fragmenta, Titiana debe decidir entre a lealdade cara á emperatriz lexítima, as promesas feitas aos rebeldes ou a honra do seu novo cargo. Pero Helda Rosa non é o que imaxinaba: tan idéntica e ao mesmo tempo tan distinta de Vita… e coa Deusa da Morte e a Destrución agardando no seu interior.

Nun mundo onde os deuses xogan co destino dos mortais, Andrea Prieto constrúe unha historia de fantasía épica con raíces mediterráneas, personaxes intensos e dilemas entre o amor, a lealdade e a liberdade. Dos hijas para la Muerte mestura a tradición da viaxe do heroe cun universo vibrante e actual, plantexando ata que punto os lazos que nos unen poden ser condena ou salvación.

Título
Dos hijas para la Muerte
Autor
Andrea Prieto
Editorial
LES Editorial
Publicación
2024
Dispoñibilidade
Poucas unidades
Idioma
Español
Páxinas
446 pp.
Encadernación
Brando
ISBN
8417829970
ISBN-13
9788417829971
Representación LGTBIQ+