Resultados de busca para «»
Estes son os artigos que atopamos.
Estes son os artigos que atopamos.
Como unha persoa normal, como ti ou como eu, acaba atrapada nunha secta autodestructiva sen decatarse?
Este libro non se relata desde a distancia, senón desde dentro. Carles Tamayo, xornalista e investigador especializado en meterse onde non o chaman, conta en primeira persoa a súa inmersión no universo das sectas New Age, aquelas que utilizan drogas como a ayahuasca para atraer aos seus seguidores baixo falsos pretextos terapéuticos. Espazos que prometen curación, expansión da consciencia e crecemento espiritual, pero que agochan unha realidade moito máis escura: dinámicas de control, abuso emocional e un modelo de negocio disfrazado de iluminación.
A investigación, baseada nun exhaustivo traballo de campo, está narrada co característico ton crítico, directo e irónico de Carles Tamayo, no que a angustia dunha misión tan arriscada mestúrase coa proximidade dun vlog confesional.
O deus alucinóxeno é moito máis que unha experiencia persoal: é un manual para detectar as trampas do novo esoterismo que, disfrazado de ciencia e espiritualidade, arrastra a persoas vulnerables, aquelas que buscan respostas, consolo ou simplemente un camiño para darlle sentido á súa vida.