Resultados de busca para «»
Estes son os artigos que atopamos.
Estes son os artigos que atopamos.
Envío desde nuestros almacenes de España.
Incluso cando parece que as presenzas lesbianas se fan carne e óso, coa promesa de que, unha vez aparecidas, xa non hai volta atrás, reaparecen as violencias e a vixencia do fantasma lesbiano.
Esta é unha persecución daquel innomeable que me acompañou toda a miña vida ata que fun capaz de recoñecerme na súa figura espectral e facelo carne. Os seus ollos fixéronse o meu espello e nomeeime: lesbiana. Mireime directamente aos ollos e nesa conversa que tivemos entendín que a espectralidade forma parte da construción social do corpo e a existencia lesbiana. Incluso cando parece que as presenzas lesbianas se fan carne e óso, coa promesa de que, unha vez aparecidas, xa non hai volta atrás, reaparecen as violencias e a vixencia do fantasma lesbiano.
Pero seguimos aparecendo e desaparecendo. Seguimos transitando polos armarios, habitando e proliferando nas súas sombras. Desenvolvemos estratexias de supervivencia entre tebras para poder seguir habitando o mundo corporal e o mundo fantasmal.
Pensar o fantasma lesbiano é moi diferente a conceptualizar o corpo ou a existencia lesbiana, é ir máis aló da materialización e pensar máis aló da identidade sexual moderna e o seu suxeito político. Para iso, fai falta desenvolver unha mirada espectral que identifique e desvele as operacións de ghosting das presenzas lesbianas e reconstrúa xenaloxías libres do requirimento de ter que dar fe de vida, unha proba existencial documentada que só podería chegar a ser proporcionada pola historicidade propia da materialidade do suxeito lesbiano.
O fantasma lesbiano ten a súa propia lóxica e é hora de cartografala.