Resultados de busca para «»
Estes son os artigos que atopamos.
Estes son os artigos que atopamos.
En esta casa reúne unha serie de poemas nos que Alberto Conejero reflexiona sobre a fragilidade e a resistencia daquilo que chamamos fogar. Fronte á violencia que atravesa a historia e ameaza constantemente con destruír os espazos do afecto, o libro ergue unha casa feita de linguaxe, memoria e desexo.
A escrita de Conejero constrúe un territorio íntimo onde as raíces, a paisaxe e o corpo do amor convértense en materiais de resistencia. Cada poema actúa como unha estancia desa casa simbólica que se ergue fronte á devastación, lembrando que mesmo en tempos de furia é posible soster a vida a través da palabra.
O volume conta con prólogo de Aurora Luque, quen destaca a forza dun libro que se alza contra quen “incendian e destrúen os fráxiles habitáculos do amor no mundo”, afirmando desde a poesía a posibilidade de reconstrucción e permanencia.