Crescer é complicado, pero o verdadeiro amor todo o vence. Segue a Nick e a Charlie mentres comezan un novo capítulo na súa relación. Edición especial con material inédito.
O fenómeno que inspirou a serie de Netflix.
Edición especial con un cómic extra exclusivo.
Charlie nunca pensou que a Nick lle gustase, pero agora son parella. Oficialmente. E Nick incluso llo dixo á súa nai.
Pero dar este paso non é algo puntual: está o irmán maior de Nick, a viaxe a París e todos os seus amigos e familiares… E a vida pode ser dura, mesmo cando tes a alguén que che quere ao teu carón. A medida que os seus sentimentos se fan máis profundos, Charlie e Nick necesitaranse máis que nunca…
Hearstopper trata do amor, a amizade e a lealdade, pero tamén da saúde mental. Tece as pequenas historias das vidas de Nick e Charlie que, xuntas, forman algo máis grande: algo que nos conmove a todos profundamente.