Estes son os artigos que atopamos.
La única lesbiana de Ávila (Divulgación)
Un testemuño persoal da xornalista queer Laura Terciado sobre a súa experiencia de vida como lesbiana e defensora dos dereitos do colectivo LGBT.
Seguramente algunha vez sentiches que todos son normais menos ti.
Eu nacín e medrei en Ávila pensando que era a única lesbiana da cidade e
estando segura de que o Demo viría por min.
Sentíame soa, rara, atrapada nunha "fase" que se eternizaba e dentro dun armario con tantas portas que cría que nunca sería capaz de saír del.
Odiaba o instituto, odiaba o cor rosa, odiaba os alcumes, os insultos, as preguntas, a palabra lesbiana. Pero, por riba de todas as cousas, odiábame a min mesma.
Ata que esborreei. E todo saltou polos aires.