Unha coidada selección dos máis fermosos artigos e ensaios dun sorprendente Baroja convertido nun incansable flâneur que percorre París, Londres ou o antigo Madrid.
Pío Baroja foi o noso gran observador e paseante dos baixos fondos e das rúas escuras e tenebrosas, os suburbios e os seus habitantes, o que sucedía ao caer a noite máis alá dos límites da cidade burguesa, regulada e luminosa. Fascinado pola rareza, retratou un mundo en desaparición. O seu interese era o singular e extraordinario, desde as tabernas apachescas ás tendas de obxectos imposibles, seres que xa entón estaban en extinción e cuxas historias quixo retratar. Conducido polo vagabundeo, adentrouse na cidade oculta. Debe darse présa. O que queda é a paisaxe, a proba física do que unha vez houbo. Tamén o relato oral, ao que acode continuamente grazas aos seus «soplones»: libreiros xa anciáns, vellos carlistas, golfiños, randas ou vagos.