Estes son os artigos que atopamos.
El niño Jesús no odia a los mariquitas
Este caderno de actividades converte o humor, a ironía e o debuxo nunha forma de sinalar unha violencia que demasiadas veces se presenta como opinión, costume ou simple broma. A través de pasatempos, ilustracións e exercicios, o libro propón unha maneira clara e accesible de enfrontarse á homofobia: nomeala, desmontala e deixar en evidencia a súa crueldade, a súa ignorancia e o seu absurdo.
Cada páxina combina ton divulgativo, crítica e sátira para aprender mentres te diverte. Un caderno gráfico que lembra que nunca é tarde para aprender, revisar prexuízos e mirar de fronte aquilo que durante demasiado tempo se quixo normalizar.