Saberías dicir que teñen en común Frida Kahlo e Taylor Swift? Ou que elementos unen o artista prerrafaelita Millais co triángulo amoroso de Crepúsculo? E se che digo que unha inocente natureza morta agocha algúns dos autorretratos máis alucinantes da historia da arte? Podes crer que existen cadros de Caravaggio que son a confesión dun crime? E que hai un debuxo que confirma o shippeo de Lorca e de Dalí? Ou que na mitoloxía grega houbo un Heartstopper tráxico? E sabías que existe un perfil de Tinder medieval? -- Ofrecido polo editor.