Resultados de busca para «»
Estes son os artigos que atopamos.
Estes son os artigos que atopamos.
Envío desde nuestros almacenes de España.
Ramón Martínez fai un repaso ás historias LGTB da Historia.
Por que as lesbianas, gais, bisexuais e trans nunca aparecen nos libros de Historia? Explicáronnos na clase unha e outra vez os enredos amorosos de grandes autores e personaxes históricos, pero só cando eran heterosexuais. Ninguén nos contou nunca que tamén existiron centos de persoas LGTB que, en moitas ocasións, lograron amar e expresarse con certa liberdade e deixaron testemuño das súas experiencias. Coñecemos as intimidades dos Reis Católicos, pero sabemos pouco sobre o amante do pai de Isabel a Católica. Estudamos os nomes de todas as mulleres de Lope de Vega, pero nunca nos explicaron todos os romances que viviu Federico García Lorca. Temos dereito a coñecer todas as historias que seguen agochadas detrás da Historia oficial.
En 2018 Ramón Martínez comezou a publicar en Twitter unha serie de «fíos» nos que ía desgranando as aventuras vitais e amorosas de todos aqueles #MariconesDeAntaño. Este libro recolle todas esas narracións e engade moitas máis, para recuperar a memoria histórica de lesbianas, gais, bisexuais e trans; para recuperar as historias de personaxes e autores LGTB que tamén forman parte da Historia.
«Sempre soubemos que a nosa historia estaba aí, fragmentada e agochada, pero aí ao fin e ao cabo, á espera de ser reconstruída. E ese é o agasallo que nos fai Maricones de Antaño: o agasallo dunha memoria que nunca chegamos a herdar. [...] Grazas, Ramón, pola entrega e a paixón que sentes polo noso legado. Grazas pola paciencia, a dedicación e o talento cos que puxeches este libro nas nosas estanterías. E grazas por estar sempre, sempre disposto a seguir reconstruíndo». Do prólogo de Cristina Domenech (autora de Señoras que se empotraron hace mucho, 7ª edición en menos de un ano).