Resultados de busca para «»
Estes son os artigos que atopamos.
Estes son os artigos que atopamos.
Envío desde nuestros almacenes de España.
Esta antoloxía reúne dez propostas poéticas contemporáneas traducidas do checo que redimensionan o queer construíndo novos lugares para os afectos, a relixión ou a relación cos corpos. Un libro que garda baixo o abrigo un puñal cunha pegatina de hello kitty para abrir a identidade cara á súa liberdade máis radical e que o seu sangue reescriba -fresco e multicolor- todos os edens. Sempre traballamos baixo a premisa de que a edición debe ser unha rede de coidados, e é así que tratamos de tecela arredor da nosa comunidade: a do libro. Cremos que este coidado tamén debe comprometerse a expandir o seu rastro, a xerar un pequeno, pero tangible, impacto no mundo. É por iso que todos os beneficios da colección Letra de molde doaranse a asociacións sen ánimo de lucro relacionadas coas temáticas abordadas en cada libro da colección. Estas antoloxías parten do colectivo cara ao colectivo e buscan contribuír mediante a escritura a construír chans máis firmes para quen sempre tiveron que camiñar de puntillas. Letra de molde é unha colección que sobrevoa de dez en dez sobre unha idea, un propósito, un grupo. Hai veces que un achado leva a, digamos, Ofelia, e, a partir de aí todos os textos falan dun regato sinuoso, dunha rama partida dun salgueiro, das flores púrpuras, dunha coroa silvestre ou de evitar a tolemia. E se nos deixamos levar por esta revelación, esta continuará máis alá da lectura, na vida mesma: a rata urbana sobre o peito de Ofelia, o charco de petróleo irisado da gasolineira ou a única árbore do teu barrio coa rama caída. Todo está disposto para sosternos a flote durante un breve intre: 10 poemas bastan.