Resultados de busca para «»
Estes son os artigos que atopamos.
Estes son os artigos que atopamos.
Envío desde nuestros almacenes de España.
Considerada unha obra de culto na comunidade LGTBQ e unha das novelas máis importantes da literatura estadounidense do século XX, Stone Butch Blues conta a historia de Jess Goldberg, unha lesbiana butch da clase traballadora do norte dos Estados Unidos. Jess non o ten fácil. A todo o mundo parece molestarlle o seu aspecto, a súa identidade, a súa expresión de xénero. Terá que enfrontarse á violencia da policía, aos insultos dos xefes, á incomprensión da súa familia, ás miradas de asco pola rúa; a detencións, internamentos psiquiátricos, palizas, desprezos, despedimentos. Terá que aprender a vivir coas feridas e as cicatrices e a ser quen é por riba de todo. E ao facelo coñecerá tamén o apoio da comunidade butch, drag e queer, o calor da familia elixida, o amor de parella, a militancia política en sindicatos revolucionarios. Comprometida, emocionante, dura, tenra e valente, Stone Butch Blues é a obra máis coñecida de Leslie Feinberg, que plasmou nela moitos elementos da súa propia biografía. Como Jess, Feinberg sufriu desprezos e odio pola súa identidade de