Resultados de busca para «»
Estes son os artigos que atopamos.
Estes son os artigos que atopamos.
Envío desde nuestros almacenes de España.
Desde hai máis dunha década estendéronse en numerosos países do occidente as teorías e as políticas queer. A incorporación da cultura gay dominante ao mercado capitalista, a crise do Sida e as loitas iniciadas por lesbianas e transexuais, chicanas e negras a finais dos 80 deron lugar a unha serie de movementos políticos sociais e radicais que serán despois elaborados pola academia no que se denomina «teoría queer». Este libro dá conta da complexidade deste movemento, ao que non foi allea a realidade sociopolítica dos movementos de maricas, bolleras e transexuais do estado español (grupos como LSD ou La Radical Gai representaron ese tipo de militancia queer nos anos 90). A partir do Curso de ensinanza aberta da UNED «Introducción a la teoría queer» organizado por Paco Vidarte e Javier Sáez entre os anos 2003 e 2005, recóllense nesta obra colectiva as diversas vertentes de análise que produciron as políticas queer nos últimos anos. O queer non é ningunha teoría, son multitude marginadas, excluídas, persoas que foron expulsadas das súas casas ou dos seus lugares de orixe e que viven en situacións sociais e económicas difíciles. A análise deses procesos de exclusión deu lugar ao que chamamos teoría queer, que non é unha teoría pechada ou un corpus de saber, é un conxunto de ferramentas críticas para a intervención política: críticas da normalidade heterosexual, das prácticas biopolíticas da medicina e do estado sobre os corpos enfermos e sans, das mutilacións que sofren l@s intersexuais, da mirada colonial sobre as inmigrantes bolleras, trans ou maricas, da apropiación académica das loitas populares, da rigidez das marcas de xénero coas que se exclúe ás persoas transexuais. O queer incorpora novas lecturas da literatura, a arquitectura ou o cine, e fai proliferar corpos e prácticas inclasificables para o dispositivo de sexualidade: sadomasoqui