Resultados de busca para «»
Estes son os artigos que atopamos.
Estes son os artigos que atopamos.
As experiencias das persoas queer en tempos de guerra foron, en gran medida, invisibles. Retratos como os que reúne este libro son pouco comúns porque a maioría dos conflitos recentes libráronse en lugares onde saír do armario resulta perigoso. Pero a invasión rusa de Ucraína é diferente: as persoas queer converteronse nunha parte visible do esforzo bélico, continuando a loita polos seus dereitos mentres tamén combaten polo seu país.
En Ucraína, a liberdade queer e a defensa da democracia están profundamente entrelazadas. O presidente ruso, Vladímir Putin, enmarcou parcialmente a guerra como unha batalla para protexer os “valores tradicionais”, o que converte este conflito na primeira guerra na que unha superpotencia mundial invade ao seu veciño co obxectivo explícito de reverter os dereitos LGBTQ+.
O galardoado fotógrafo e xornalista J. Lester Feder amosa o rostro queer da guerra nesta extraordinaria colección de retratos impactantes e perfís conmovedores.