Estes son os artigos que atopamos.
Scream queer 2 la venganza
Javier Parra volve á carga cunha segunda entrega de 'Scream Queer', o seu exitoso repaso á historia do cinema de terror e fantástico desde unha perspectiva LGTBIQ+.
Unha regra non escrita do cinema de terror é que, se a primeira parte funciona, prepárate para a secuela. Tres anos despois de Scream Queer. La representación LGTBIQ+ en el cine de terror, Javier Parra volveu para abrirse en canal. Outra vez.
Ademais de mergullarse no ghosting, nas relacións tóxicas e noutros horrores da vida adulta, nas páxinas de Scream Queer 2. La venganza atoparedes un novo repaso a películas de culto (desde ¿Qué fue de Baby Jane? a Caramelo asesino); a reivindicación de cineastas que forman parte do espectro do queer (Curtis Harrington, Frank Henenlotter e outros tantos) ou a revisión de artefactos cinematográficos que se moven nos límites do fantástico.
Volven monstros clásicos esquecidos, as divagacións arredor de La posesión de Zulawski, os cenobitas da saga Hellraiser e as reinterpretacións máis actuais da Nueva Carne. Alieníxenas cachondos e criaturas tentaculares comparten espazo cun cinema noir de corte perverso, dramas psicolóxicos que te afundirán na miseria, porno arty que quere ser fantastique e unha chea de propostas de onte e de hoxe gabadas polo colectivo LGTBIQA+.